"Leveime aos labios unha cullerada de té no que botara un anaco de magdalena. Pero no mesmo intre en que aquel grolo, coas migas do bolo, tocou o meu padal, estremecinme, fixa a miña atención en algo extraordinario que ocorría no meu interior. Un pracer delicioso invadiume, illoume, sen noción do que o causaba..."
Convídame “A Pícara” para que participe no cuestionario de Proust, enténdoo como un xogo participativo do blogomillo, pero… Bo alá vai.
O principal rasgo do meu carácter?
A tenacidade.
A calidade que prefiro nun home?
A intelixencia e a capacidade de a desenvolver.
A calidade que desexo nunha muller?
O mesmo.
O que máis aprecio nos meus amigos?
Que sexan capaces de me aceptar como son.
O meu principal defecto?
A crenza de que todo é posible.
A miña ocupación preferida?
Soñar
O meu soño de dicha?
Compartir e crear dende a base da tenrura.
Cal sería a miña maior desgraza?
Sentir soidade esencial.
Que quixera ser?
Eu.
Onde desexaría vivir?
Nun acantilado preto da mar.
A cor que prefiro?
A Amarela.
A flor que prefiro?
O lirio, O Toxo, A Xesta, A Mimosa. Amarelas por suposto.
O paxaro que prefiro?
Calquera que estea en liberdade paréceme belo.
Os meus autores preferidos en prosa?
Borges, José Antonio Marina, Manolo Rivas…
Os meus poetas preferidos?
Apollinaire, Cesar Antonio Molina, Joan Brossa, Pessoa, Seamus Heaney, W.B.Yeats.
Os meus heroes de ficción?
Ningún.
As miñas heroínas de ficción?
Ningunha.
Os meus compositores preferidos?
Debusy, George Gershwin, John Cage, Mozart.
Os meus pintores predilectos?
Goya, Leonardo Dá Vinci, Vermeer, se falamos de algo máis que pintura, Marcel Duchamp, Joseph beuys, Maciunas, ManoloPaz, Max Ernst…
Os meus heroes da vida real?
Os meus pais.
As miñas heroínas históricas?
Todas as mulleres que dalgunha maneira coa súa actitude, lograron que esteamos nos albores dun mundo, onde as relacións se poidan establecer desde unha perspectiva de igualdade.
Os meus nomes favoritos?
Eva, Lourdes, Víctor.
Que detesto máis que nada?
O egoísmo e a soberbia, que levan directamente á crueldade.
Que caracteres históricos desprezo máis?
As teocracias, que acostuman ser totalitarias e condicionan a diversidade do pensamento.
Que feito militar admiro máis?
Calquera batalla de Axteris e Obelix.
Que reforma admiro máis?
A interior propia.
Que dons naturais quixeras ter?
Máis decisión.
Como me gustaría morrer?
Con consciencia por resolver algunha cuestión pendente, senón de súbito.
Estado presente do meu espírito?
Bi polar.
Feitos que me inspiran máis indulxencia?
E quen son eu para xulgar.
O meu lema?
Non facer o que non quixese que me fagan.
E por proseguir co, convido a X e Muralla, hai máis blogs, pero xa o realizaron.