Pídenme dende o blogomillo que facilite o meu CP e esa cuestión tráeme unha reflexión colateral.Por que temos (cona, inoportunamente soa na miña casa un estridente espertador interrompendo o meu pensamento e que ninguén apaga) ese afán de situar ao outro, saber do, definilo?, quizais sexa, porque a maior parte da sociedade funciona cunha careta e constrúe o personaxe que desexa que os demais pensen que é, en detrimento de a propia esencialidad de cada cal.
Iso, e manter a sistematización dos arquivos necesaria, que permita non só ter contados aos individuos, senón segmentados de forma uniformada, como nichos de mercado aos que ofertar os máis variados produtos, (cousas, servizos, ideas, etc.) fano necesario.
A sociedade de mercado e do espectáculo onde vivimos, ten estas esixencias.
Quizais por estas cuestións non vou dar o meu CP, aínda que saiba que neste caso, a petición non está baseada nestas premisas. Pero a miña sensación, só "SENSACIÓN" de liberdade, requíreo.

6 Comments:
fas bem...a identidade por riba de todo...fas bem
Ou tamén pode facer coma min e dar un CP alegórico :D
Da medo toda a información que corre maratóns por Internet. Chegaremos a ter un código de barras no pescozo. No Clube Fluvial da miña cidade xa o verán pasado atrevéronse a ter unha maquiniña no que pos a man e entras, en vez de presentar o carnet de cartón plastificado de toda a vida. Para min é terribel, eu xa nin fun, o que non comprendo é cómo diantres ningún socio protestou ou nin sequera se fixera unha reseña nas páxinas locais do periódico. É incrible.
Vostede non vai voltar por aquí??.
O tempo pasa voando e non hai maneira de coincidir ainda temos algo pendiente.
Coideseme moito.
Beijosssssss
;)
Convídoa a un xoguiño, coa esperanza de que volva a escribir algo. Sen compromiso, que quede claro. Pase polo meu blog para saber de qué vai isto.
¡Ei! ¿Qué?
Enviar um comentário
<< Home